23/10/17

Imaxes da presentación en Lugo da nosa exposición "A terra de Israel".

Hoxe luns tivo lugar en Lugo a presentación oficial da exposición "A terra de Israel" que organizada pola nosa asociación esta aberta na sede administrativa da Xunta de Galicia. No acto, ademais do noso coordinador de zona, Tino Pinheiro, participaron o subdelegado do Goberno en Lugo, o sr. Ramón Carballo, a concelleira de Cultura no Concello de Lugo a sra.Carmen Basandre, María José Gómez, responsable de cultura da Xunta en Lugo e así como tamén o delegado da Xunta de Galicia en Lugo o sr. Xosé Manuel Balseiro. 

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) o noso agradecemento a todas as autoridades presentes, tanto da Xunta de Galicia coma do Concello de Lugo. pola súa participación no acto e pola súa colaboración. Mención especial ao magnífico .traballo de planificación desenvolvido pola nosa socia Ana Argiz

De seguido unhas imaxes do devandito acto: