11/08/17

Frank Sinatra e Israel

Frank Sinatra, unha figura icónica do século XX, sempre defendeu a Israel e nunca esqueceu a súa coidadora xudía de cando cativo en Hoboken, New Jersey

Frank Sinatra era ben coñecido polo seu forte apoio e activismo a prol de Israel, cousa que lle valeu estar na "lista negra" da Liga Árabe como parte do seu boicot contra Israel. Sinatra era un activo recaudador de fondos para a Israel, en especial para a Universidade Hebrea de Jerusalén así como para outras moitas institucións israelís, Sinatra tamén participou nas mobilizacións e protestas que tiveron lugar en Hollywood durante o Holocausto.

Sinatra acostumaba usar unha medalla ao pescozo en forma de mezuzá. A mezuzá foi un agasallo de súa veciña xudía, a sra. Golden, que era quen mentres a nai de Sinatra ia traballar coidabao e falaballe en idiche.

Tras a Guerra do Yom Kippur, Sinatra fixera pública unha doazón persoal de 300,000 dólares para a Israel "en memoria da sra. Golden, de Hoboken".

Deixámovos aquí un pequeno vídeo que amosa como Sinatra, un americano fillo de inmigrantes italianos, tiña un forte vencello con Israel



07/07/17

Anulado xudicialmente o acordo de boicot a Israel do Concello de Teo




Este pasado xoves día 6 de xullo de 2017 o Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela ven de anular o boicot a Israel aprobado polo Concello de Teo. Esgrime o Tribunal que non só o Concello carecía de facultades para aprobar unha resolución que interferise coa política de asuntos exteriores do Estado, senón que tamén existen evidentes compoñentes discriminatorios na moción.

Ademais, a decisión xudicial incide poderosamente na idea de que resolucións do tipo emitidas polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas non proporcionan base legal algunha para boicotear ás institucións, empresas ou organizacións israelís.

O 31 de marzo de 2016 o Concello de Teo aprobou unha moción de adhesión ao boicot a Israel. Dita proposta de adhesión ao movemento BDS foi presentada desde as formacións locais do BNG e Teo-Anova. Devandito texto recollía o compromiso municipal "a non establecer convenio, contrato ou acordo de tipo político, comercial, agrícola, educativo, cultural, deportivo ou de seguridade con institucións, empresas e organizacións israelís".

O Concello recibiu o selo aprobado polo BDS que distinguía á cidade como "Espazo Libre de Apartheid Israelí", baixo a condición de que fose difundida a campaña de boicot entre a cidadanía, comercio e empresas locais. O Concello acordou comprometerse e promover a cooperación co movemento BDS para asegurar a correcta implementación da decisión adoptada.

Coa recente sentenza reafírmase o carácter claramente discriminatorio e decididamente hostil contra Israel, os seus naturais e todo aquel que simpatice co país hebreo.

Grazas ás iniciativas legais presentadas por ACOM, 12 acordos de boicot foron anulados pola Xustiza (incluídas 2 sentenzas de Tribunais Superiores de Xustiza contra os boicots), 6 Concellos revogaron voluntariamente devanditos acordos tras coñecer as iniciativas xudiciais, e 1 concello se atopa co acordo suspendido xudicialmente ate sentenza definitiva.

05/06/17

Israel - a nación startup: innovación, emprendemento e cooperación privada-estatal

Con motivo da súa recente visita de tres días a Galicia, o embaixador de Israel en España, sr.Daniel Kutner, protagonizou un xantar-coloquio no Círculo de Empresarios de Galicia sob o suxerente título de: "Israel - a nación startup: innovación, emprendemento e cooperación privada-estatal." do que aquí podedes ver un pequeno resumo. 

Desde a Xunta Directiva de AGAI queremos parabenizar en especial a Pedro Mouriño, membro da mesma e quen foi o responsable da magnífica organización do evento no Círculo de Empresarios.

Israel, foco de atracción de capital e "pais startup"